martes, 3 de abril de 2012

LONGA NOITE DE PEDRA



Longa noite de pedra é un poemario escrito por Celso Emilio Ferreiro en 1962. Celso Emilio Ferreiro (Celanova 1912, Vigo 1979) foi un escritor e político galeguista, máximo expoñente da poesía social en lingua galega. Una das metáforas máis importantes do seu libro é a da noite (interminábel, longa, de pedra...) que simboliza á época do franquismo.

Temas do poemario:

- A liberdade como unha calidade arrebatada inxustamente. (Aparece en: Prometeo encadeado, Desterro, Libremente, Carta a miña muller).
- A guerra, promovida por un falso ideal, como a principal causante de mortes. (Aparece en: Soldado, O Corazón do vento).
- Resalta o paso do tempo (tópico literario tempus fugit) que augura o esquecemento e fala da lembranza como achegamento a un futuro mellor. (Aparece en: Pranto por Carles Riba, Mentras imos andando, A sombra, Romance pesimista de fin de ano).
- A esperanza como o último que se perde nunha vida chea de inxustizas e fracasos. (Aparece en: Espranza).
- A unidade sen pretensións individuais como única vía para a construcción dun futuro mellor. (Aparece en: Unha vez, Consellos, Ti e mais eu, Viaxe de volta, Irmaus).
- A emigración como causa de tristeza, saudade e morriña. (Aparece en: Desterro, O tempo solprendido).
- As sospeitas como causa dun profundo medo. (Aparece en: O can danado, Carta a miña muller).
- Crítica anticlerical reflexada en Deus como figura impasíbel ante tódalas desgrazas que ocorren. (Aparece en: O silencio de Dios).
- Crítica á desigualdade de clases tanto á burguesía como á nobreza da indiferencia destas.(Aparece en: Anaco dunha carta a un poeta que vive en Madrid, Goethe, Cimenterio da cidá, Son un pasmán, A probe pola rúa da cidade, Fame).